O MEXILLÓN

O DÍA DO MEXILLÓN

Miles de persoas asistiron á exaltación do mexillón de Cabo.
Na cita gastronómica  consumíronse doce toneladas de molusco.
Os organizadores acabaron as viandas hora e media despóis de abrir as carpas.
Un éxito. As miles de persoas que se achegaron hasta as carpas na

mañá do 11 de xullo esgotaron unhas 3.000 racións do bivalvo.
O bo tempo e a liga ACT de traíñas favoreceu a asistencia de público. Por un precio simbólico, os comensáis degustaron catro variedades diferentes de mexillón: en paté, con vinagreta, en salsa de tomate e con crema

de peixe e marisco. Auténticas delicias para os paladares máis esixentes.
Durante a mañá, os asistentes tamén poideron degustar, totalmente gratis, mexillóns ó vapor, xentileza dos patrocinadores.
A afluencia masiva de visitantes desbordou as previsións.