1.
Servicios Ordinarios
Defensa dos intereses dos veciños/as da
parroquia ante as distintas administracións e organismos públicos no referente
a:
·
Urbanismos e
servicios básicos;
·
Educación
cultura e deporte;
·
Sanidade e saúde
pública;
·
Medio
ambiente;
·
Lecer e
tempo libre;
·
Patrimonio;
·
Turismo;
·
Servicios
Sociais;
·
Asuntos de
carácter socio-económico e laboral;
·
Tódolos
relacionados cos dereitos dos/das cidadáns.
Información e defensa dos dereitos dos asociado
como consumidores e contribuíntes ante as distintas administracións e
organismos públicos (Fenosa, Telefónica, Correos,…), empresas é/ou
particulares: solicitudes, reclamacións,…
Estos servicios serán gratuítos para os asociados
e os seus beneficiarios.
INICIO
2.
Servicios Especiais
Ø
Asesoramento
e Xestións de carácter particular dos asociados:
Ø
Solicitudes
diversas a Administración Local:
o
licencias de
obras, servicios, outros,…
o
Certificacións.
Ø
Cumprimentación
e tramitación de instancias a outras administracións e demais organismos
públicos (Deputación, Xunta, Goberno Central, Seguridade Social, I.S.M., …)
o
Pensións;
o
Becas;
o
Solicitudes
de Subvencións;
o
Permisos.
Ø
Asuntos
fiscais derivados das distintas administracións:
o
Contribución;
o
Declaración
da renta, patrimonio, …
Estes servicios non teñen carácter gratuíto e os
seus usuarios deberán abonar unha cantidade establecida pola Xunta Directiva.
(O custe, en todo caso, será reducido e acorde ó tipo de servicio).
Ø
Actividades
e servicios varios:
·
Cursos de
formación (formación e capacitación profesional, educación de adultos, galego,
mecanografía, informática, …)
·
Cursiños e
talleres varios de carácter cultural, deportivo, etc, tales como: música, baile,
teatro, natación, vela, fotografía,…
·
Organización
de actividades de carácter socio-cultural, recreativas, deportivas, etc,tales
como: charlas e conferencias, actividades aire libre, certames, torneos,…
·
Excursións e
viaxes.
INICIO
3.
Mocidade
Creación dun punto de información xuvenil,
dentro da rede de información e documentación xuvenil da Xunta de Galicia
(P.I.X.)
INICIO
4.
Inscripción de Socios
Ø
Podes contactar
a través do correo da asociación (aunion@cabodecruz.org, xuntadirectiva_aunion@yahoo.es
) directamente, ou;
Ø
Cubrindo o
formulario pinchando.
INICIO
1.
Memoria de logros
Ø
A Asociación
de Veciños “A UNIÓN” de Sta. María do Castro é unha das entidades pioneiras a este
respecto no termo municipal, xa que dende a data da súa constitución, no ano
1979, vén desenvolvendo unha moi importante labor nos distintos eidos que
afectan á vida cotiá e á realidade do lugar, en consonancia co seu principal
fin que é o de servir á comunidade que a conforma.
Ø
Proba desta
traxectoria son os distintos logros acadados e os investimentos realizados en
distintos lugares da parroquia e moi especialmente no que se refire á mellora
de infraestruturas e servicios, así como a defensa dos intereses dos veciños/as
da parroquia ante as distintas administracións e organismos públicos:
o
Construción
e remodelación do Cemiterio Parroquial, coa colaboración do Concello de Boiro e
da Deputación Provincial. Así como unha posterior ampliación do mesmo iniciada
no ano 1998 e rematada no 2001, continuando na actualidade colaborando coa xestión do mantemento do mesmo.
o
Reparación
dunha Soleira no lugar da Ribeira Grande, coa axuda do Padroado Provincial para
a Mellora do Medio Rural, no ano 1998.
o
Primeira,
Segunda e Terceira Fase, nos anos 2000, 2001 e 2002 respectivamente, da construción dunha Área
Recreativa no entorno da Igrexa de Sta. Mª do Castro, xunto coas axudas
acadadas da Deputación Provincial e do Concello de Boiro, procedendo na
actualidade cunha Cuarta Fase.
o
Elaboración,
consensuada con tódalas entidades locais, do proxecto da ampliación do peirao
de Cabo de Cruz, no 2001. Seguimento na actualidade do estudio do proxecto.
o
Estudio do
PXOM e presentación de alegacións ó mesmo coa pretensión de mellorar o
desenvolvemento da Parroquia do Castro.
o
Acadar a
participación da Entidade nos Plenos do Concello no ano 1998.
o
Convocatoria
dunha Mesa Redonda de tódolos candidatos ás eleccións municipais por segunda
vez.
o
Loita contra
os vertidos e a contaminación en defensa
da saúde pública, sempre que é necesario.
o
Loita pola
existencia dun servicio básico de saneamento e denuncia pola falla do mesmo,
dende o ano 1997.
o
Loita por
acadar a construción de instalacións para actividades deportivas e culturais, a
través da presentación de propostas ás entidades competentes, dende o ano 1997.
o
Actualmente,
traballando no proxecto de construción dunha Casa Rectoral e Salóns Parroquiais
multiusos en Sta. Mª do Castro e na sinalización de toda a Parroquia do Castro,
entre outras cousas.
o
Arranxo de
camiños veciñais, alumeado, etc.
o
Arranxo
do Parque Infantil de Subuqueiro no ano 2006.
o
Paseo
Marítimo da Ribeira Grande 2007.
o
Remodelación do Paseo Marítimo de Carragueiros no ano
2008.
o
Arranxo
do muelle da Abilleira no ano 2007.
o
Cambio
do alumeado na carretera xeral, dende a de Pita ata a Praza do Carme no 2007.
o
Parque
biosaludable xunto á Casa do Mar no 2008.
Ø
Esta
entidade, que conta con máis de 300 familias asociadas (máis de 1.000
beneficiarios/as), ten posto en marcha dende o ano l995 un amplo programa de
actividades culturais e servicios co fin de atender e dar resposta ás distintas
necesidades e intereses veciñais, así como fomentar a cultura e a sociabilidade
entre a xente do pobo:
o
Homenaxe ó
Club de Remo de Cabo de Cruz no ano 1999.
o
Celebración
do 70 Aniversario da Parroquia no ano 1999.
o
Creación dun
Grupo de Danza e Música Tradicional, chamado “Ondas do Castro”.
o
Celebración
de Festas Tradicionais, cada ano (Festival de Nadal, Entroido, Letras Galegas,
Magosto, Recuperación da Tradicional
Romaría do Castro)
o
Campañas de
difusión cultural (charlas, encontros literarios, viaxes culturais, exposicións de pintura, fotografía,
manualidades, etc.)
o
Concursos
Fotográficos e Literarios.
o
Cursos e
clases dirixidos a tódolos niveis (Pintura, Manualidades, Bolillos,
Informática, Música Tradicional, Baile Tradicional, Inglés, Galego, etc.)
o
Preparación
para as probas de acceso ó Título de Graduado Escolar para maiores, así como
ESO e Bacharelato dende o ano 2000.
o
Actividades
Deportivas (campionatos, xogos populares, etc.)
o
Edición dun
Boletín Informativo trimestral chamado “Ó Socaire” dende o ano 1995.
o
Creación e
apertura dunha biblioteca local no ano 1995.
o
Nacemento
dende A Unión da Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras “Gamela” de
Cabo de Cruz.
o
Creación
dunha aula de internet acadada dunha subvención da Consellería de Cultura coa
contribución de 5 PC, no 2002.
o
Organización
do Mes Cultural no Castro – maio 2002 e maio 2003: celebración das Letras
Galegas coa realización de todo un mes de actividades culturais e deportivas
(concursos, xogos populares, charlas, concertos, obras de teatro, exposicións,
etc.)
o
Esta
actividade acadou un importante éxito de participación e aceptación nos dous
anos.
o
Creación da
Comunidade de Propietarios do Cemiterio do Castro en Xaneiro do 2006, esta comunidade
rexirá o Cemitério Parroquial de Sta. María do Castro.
o
Nacemento
dende A Unión da Asociación Festas do Carme de Cabo de Cruz en Novembro de
2006.
o