|
|||||||||||
| O novo foro é un "multiforo", donde se plantean varios aparatados: CLUB DE REMO, PORTO DE PORTIVO, A UNIÓN, CLUB DE FUTBOL, A GAMELA, BOIRO,... | |||||||||||
| Para rexistrarse non fai falla dar o nome ou o DNI, cun seudónimo e un correo será suficiente. Ese correo ten que existir forzosamente para poder darse de alta, deste xeito o foro manda unha mensaxe ó correo para que o usuario faga efectiva dita alta. | |||||||||||
| Como é imperativo aceptar unhas "Condicións de Rexistro", no caso de incumplimento de ditas condicións será expulsado, podendo o multiforo denuncialo a través da IP e o email, ou facilitándolle eses datos a terceiros afectados para que tomen as medidas pertinentes. | |||||||||||
| Por medio do seudónimo os foreiros manterán o seu anonimato si o desexan pero poderase investigar a súa identidade ante conflictos que esperemos que no se den. | |||||||||||
| O administrador e os colaboradores/moderadores, intentarán levar a cabo o correcto funcionamento deste foro tomando as medidas oportunas con quén atente contra o bo funcionamento do mesmo, pero non se responsabilizarán persoalmente dos contidos. | |||||||||||
|
(A LECTURA É PÚBLICA - PARA ESCRIBIR TERÁS QUE REXISTRARTE) |
|||||||||||
|
CONDICIÓNS DE REXISTRO |
|||||||||||
|
Aínda cando os administradores
ou moderadores destes foros farán todo o posíbel por eliminar calquera
material cuestionábel tan axiña como poidan, é imposíbel revisar todas
as mensaxes. Polo tanto aceptas que todas as mensaxes publicadas nestes
foros expresan as opinións dos seus autores e non a dos administradores,
moderadores ou o webmaster (agás en mensaxes publicadas por eles mesmos)
polo cal non serán considerados responsabeis. |
|||||||||||