HISTORIAHISTORIAHISTORIA

 

*   HISTORIA DA PARROQUIA

*   ANACOS DA HISTORIA: LOUREDA

(Por Antón Vidal SOCAIRE núm.9)

*      MAIS SOBRE A HIPÓTESE DE LOUREDA

*     

 

 

 

 

HISTORIA DA PARROQUIA DO CASTRO

 

En Abril de 1640 un grupo de veciños da “Insua de Abaixosolicitoulle licencia ó Arzobispo para construir unha ermita baixo a advocación de “Nuestra Señora de la Natividad”. Sen embargo hai a posibilidade de que ésta fora anterior a esta data posto que temos constancia do encargo dunha cruz de prata para unha igrexa no ano 1574 que se chamaba “Iglesia de Santa María de Castro” por parte do seu párroco, Juan Yañez de Parga. Non se sabe a situcación xeográfica de dita igrexa, pero ben podería se-la nosa.

Asumindo que a solucitude foi certa, a misma fonte di que a licencia foi concedida “con la prohibición de celebrar entierros y bautismos, autorizando oficialmente la prerrogativa de poder decir Misa los días festivos después de la iglesia parroquial”.

Duas particularidades máis son as de que hai constancia de enterramentos anteriores a 1929 no camposanto do Castro, co que ven puideran ser sen permiso do arzopispado. E a outra é que existe unha rocha chamada “a pedra da cruz” na praia de Rebordelo que ten un orificio donde os mais vellos do lugar din que alí había unha cruz. E en ela facíase unha parada para rezar cando se levaba a un cadaver a enterrar a Boiro. Si esto era certo podemos observar como subeu o nivel do mar, xa que antes había camiño polo que hoxe e praia sumerxida (tamén se di que se levaban as vacas a illa da Abensa ou de Benencia por onde hoxe temos mar.

O prestíbero don Francisco Vázquez Somoza, axudado por varias familias da “Insula”, conseguirá do Cadernal Payá Rico a calificación de Ayuda de Parroquia para a capela do Castro, debendo ser conducidos a Boiro os cadáveres para o seu enterro.

Houbo que esperar a 1929 para que a capela do Castro ascendera canónicamente de “Ayuda de Parroquia” a “Parroquia” gracias ós trámites do coadxuntor don Manuel Otero e dos conveciños. Aparece, así “Santa María de la Natividad del Castro, de Cabo de Cruz”.

O carácter marítimo da nosa vila, xunto ca devoción a Vírxen do Carme, empuxou ós veciños a construcción da Capela do Carme no ano 1960, sendo vendecida polo Cardenal Quiroga Palacios.

INICIO

 

 

ANACOS DA HISTORIA: LOUREDA

 

Neste breve traballo, imos falar sobre unha cuestión que afecta ó pasado do noso Pobo: ¿Loureda era un nome normal do noso pobo? ¿Estaba este nome documentado ou era unha denominación que os pobos dos arredores usaban de maneira despectiva para referirse ós veciños e veciñas do Cabo da Cruz?

A primeira proba da normalidade e legalidade do nome de Loureda déunola a existencia dun letreiro que estaba na parede da casa dos de Adolfo de Ríos. As persoas que lembran o letreiro non coinciden de modo exacto no texto: uns dín que poñía LUGAR DE LOUREDA e outros que poñía LUGAR DE LOUREDA – PESQUEIRA.

A consulta e análise de documentos tales como operación de compra-venda, deslinde de leiras, demandas xudiciais, embargos, tomas de posesión e outros, permite afirmar que Loureda era un nome normal e normalizado no noso pobo e que convivía ca denominación de “Cabo de la Cruz”, nome éste máis amplo que comprende ós demáis lugares do noso pobo.

As referencias e citas testuais de Loureda aparecen no encabezamento dalgúns dos documentos: “En el lugar de Loureda Partido de la Insua a los cuatro días del mes de Junio del año de mil ocho cientos veinte y ocho…”. Esta é a data máis antiga na que aparece o término de Loureda nos documentos estudiados e aparece escrito en dezaoito máis entre tódolos examinados.

Lembramos tamén que neses anos, o noso pobo pertencía ó “Partido de la Insua, Jurisdición de Rianjo, Parroquia de Santa Eulalia de Boiro” tal como se cita nun documento datado do 24 de febreiro de 1830.

O nome de Loureda déixase de usar nos documentos a partires do ano 1884. A última cita é nun documento datado do 14 de febreiro de 1884 donde aparece xunto con Cabo de Cruz, pero por separado: “En el lugar de Loureda, parroquia de Santa Eulalia de Boiro…”. Nos documentos dos anos seguintes cítase case sempre a Cabo de Cruz.

Aínda que nos documentos non se sigua usando a denominación de Loureda, na fala pervive durante moito tempo, ata que se perde aló polos anos coarenta como consecuencia da forma despectiva ca que a xente dos outros usaba o xentiliciolouredán” e que levou ós veciños de Loureda a renegar deste nome.

Hoxe, uns poucos veciños e veciñas de Loureda cremos que se debe usar e usamos este nome con agarimo e respecto a unha parte da nosa historia como pobo.

INICIO

 

 

 

MAIS SOBRE A HIPÓTESE DE LOUREDA

 

A raiz do artículo de Antón, e despois de que a comisión de festas do Carme 2.004 publicara dito artículo na revista que anunciaba o programa, recibimos comentarios dalgún dos nosos maiores.

Antes de continuar, dicir que se está a traballar no rueiro (“callejero”) da parraquia e que seguro que facendo memoria conseguirase facer perdurar os nomes antigos.

Un veciño comentou que non se explicaba como alguén podía dicir que na casa dos de Adolfo de Ríos poñía Lugar de LouredaPesqueira, xa que el recordaba perfectamente que poñía Lugar de Loureda; e referíase ó conxunto de casas que ían desde o cruce de Curbera ata o cruceiro da taberna de Guillerma. O camiño vello para ir a Pesqueira era atravesando Loureda (por detrás da de Pais, e pola porta do Cunqueiro, hasta chegar a de Nila) ata despois da guerra civil, que se abreu o camiño novo que oxe en día é a carretera principal e que vai por diante do Mavi.

Desde a barbería para abaixo ata o río da fonte e ata o peirao era, e ainda é, a Pesqueira, nome que aparece nos mapas antigos. Tamén nos dixo que desde o outro lado do río ata “O Petónchamábase “A Banda do Río” que deu hoxe en día en Bandeorrío.

En canto o nome do “Campo” di que é bastante recente posto que non había máis que un par de casas a principios de século (estaba todo a campo); ó igual que a Preguisa que tamén é nome nóbel.

Despóis preguntámoslle polo inicio do nome de Cabo de Cruz, sendo a súa resposta a de que foi un mestre “Don Benito Lomba”, tamén perito mercantil experto en disputas de lindes, quen repuxo (xunto cos seus alumnos) a cruz do campo, como consecuencia de rumores de que xa esistira unha cruz de pedra naquel punto (desta vez de cemento); e foi Don Benito, o que dixo que había que poñer un nome xeral que englobara a tódolos núcleos da zona sur da Ínsua de Abaixo, asimesmo tamén se ocupou de que dito nome fose incluido nos rexistros e mapas. O nome elexido foi “Cabo de Cruz”, procedente do nome do cabo “Cruz”, que podemos leer no mapa antigo de Galicia. Este nome non foi antoxo do mestre, senón que o suxiriu porque xa viña aparecendo escrito nalgún que outro documento de compravenda, como ben dicía Antón, pero o parecer era sempre como referencia xeográfica e non como nome civil do pobo. Esto último foi corroborado por algún dos seus alumnos coma foron “O Ferreiro” e “O Barón” que en paz descansen, ainda que estamos desexando que se debata máis sobre o tema e recorramos a historia ó revés hasta chegar, se cadra, ó Castro do Achadizo.

Por certo, vai unha anédota sobre D. Benito; sei que o Barón foi o único dos alumnos de Don Benito, que non aprendeu a leer posto que era o que lle facía de comer, e polo tanto non lle podía cascar cando non sabía a lección, xa que senón, non comía.

 

INICIO