PARAISO NATURAL
O Concello de Boiro pertencente a
provincia de A Coruña, está situado na parte sudoeste da mesma, na marxe Norte
da asocairada Ría de Arousa.
Con preto dos 20.000 habitantes
(18.534 censados 10/2.003), sitúase como o segundo concello máis poboado,
-Riveira é o primeiro-, dos oito que integran a bisbarra da Barbanza, sendo o
terceiro en extensión con 86,15 Km2 detrás de Porto do Son e Lousame
e por diante de Riveira, Noia, Rianxo, A Puebla do Caramiñal e Dodro.
A Parroquia de Sta. María do Castro ten unha superficie
de 392 Has. e alberga no seu conxunto unha poboación de perto de 3.000
habitantes (arredor dunhas 750 familias) das que a maioría conforman o núcleo
de Cabo de Cruz. Das oito parroquias que conforman o término municipal, e a que
acusa unha maior densidade poboacional, feito que se ve incrementado durante as
épocas vacacionais, debido á grande afluencia de visitantes que se achegan a
disfrutar das múltiples posibilidades que o entorno lles ofrece.
Goza dunha situación
económica que poderíamos calificar de moderadamente boa, propiciada se cadra
polo crecemento nos últimos anos do sector marítimo –pesca, marisqueo e
acuicultura-: apróximadamente un 90% da poboación da parroquia vivie vinculada
ó mar, ben directamente (sector extractivo) ou indirectamente (sector
transformador).
A importancia do mar no
progreso e avance económico do Cabo de Cruz vese reflectido nas diversas
Asociacións Profesionais e Empresariais radicadas no Porto do Cabo da Cruz:
Cofradía de Pescadores, Agrupación de Productores Mexilloeirosde Cabo de Cruz
(ASPROMECRUZ), Asociación de Productores
Mixilloeiros Ría de Barraña (AMEBARRAÑA), Asociación de Mexilloeiros “A
BOIRENSE”.